Concello de Lugo
Espazo Lab

Avda. da Coruña 500
27003 Lugo
espazolab@lugo.gal
Tfno: 982 297 361
USC Campus Terra
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento AVTE. Edificio CACTUS Campus Lugo S/N, 27002 Lugo
empregatfest@usc.gal
Tfno: 982 822 854 | 982 822 860

EMPRESARIOS DE "O CEAO AS GÁNDARAS"
Rúa das Leiteiras S/N, 27003 Lugo
comunicacion@ceaogandaras.org
Tfno: 604 068 842
Emprega-T Fest  19 de setembro
00
Días
00
Horas
00
Minutos
00
Segundos
FOTOS EVENTO
EMPRESAS PATROCINADORAS
Que é Emprega-T Fest?

O Emprega-T Fest é o evento ideal para conectar empresas co talento local que está á procura de novas oportunidades profesionais. Organizado polo Concello de Lugo, o Campus Terra e a Área de Orientación Laboral da Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación de Empresarios de “O Ceao As Gándaras”, este festival ofrece un espazo dinámico e cheo de enerxía para cubrir as necesidades de talento das empresas e dar resposta aos diferentes perfís de demandantes de emprego.

Os asistentes poderán participar en actividades que faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, interactuando con recrutadores de empresas de distintos sectores, asistindo a conferencias e mesas redondas, potenciando as súas competencias e habilidades comunicativas a través dos obradoiros e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas coas empresas.

Actividades

Stands de Empresas

Poderás visitar os stands das empresas para coñecer de primeira man a súa actividade, os perfís profesionais que buscan e as oportunidades de desenvolvemento que ofrecen.

Pode ser a túa oportunidade para facer contactos!

Speed Dating

Aproveita as entrevistas de selección rápida (10 minutos) para impresionar aos teus futuros empregadores

Para participar tanto as empresas, como as persoas demandantes de emprego deben rexistrarse.

Prepárate ben e trae o teu mellor currículo!

Lecer Fest

Entre actividade e actividade, poderás relaxarte na nosa área de lecer. Dispoñemos de food trucks  e unha ambientación perfecta para descansar, socializar e gozar do día.

Fai unha pausa, recupera enerxía e segue co teu percorrido polo Emprega-T Fest.

Charlas,
mesas redondas
e obradoiros
Buscas talento?
Como participar en Emprega-T Fest?

Participación
empresarial

Se a túa empresa está interesada en participar cun stand e/ou programar entrevistas de traballo con candidatos de diversos perfís, contacta con nós.

Non perdas esta oportunidade de conectar co talento lucense e atopar os perfís que necesita a túa empresa. 

Agardámoste no
Emprega-T Fest!

Contacta connosco

Concello de Lugo

982 297 361
espazolab@lugo.gal

USC Campus Terra

982 822 854 | 982 822 860
empregatfest@usc.gal

Asociación de Empresarios de
"O Ceao As Gándaras"

604 068 842
comunicacion@ceaogandaras.org

Buscas traballo ou prácticas?
Como participar en Emprega-T Fest?
EMPRESAS PARTICIPANTES
Enderezo do evento

Dirección
Praza Horta do Seminario, Lugo

Teléfono
982 822 854

Horario
10:00 – 19:00

 

Tes algunha dúbida?


Tes algunha pregunta ou necesitas máis información sobre Emprega-t Fest?

Estamos aquí para axudarche!

Xa sexas unha empresa interesada en participar ou un candidato en busca da súa próxima oportunidade laboral, o noso equipo está listo para asistirche.

Contacta con nós


    Privacidade | Cookies | Accesibilidade