NOME COMERCIAL
SDR – Desenvolvemento / Expansión Comercial
ACTIVIDADE DA EMPRESA
Boldest é unha startup innovadora que está a revolucionar a forma en que os viaxeiros interactúan coa información turística en liña. Fundada a finais de 2020, Boldest especialízase en crear solucións de mapas interactivos que melloran a experiencia dos viaxeiros, proporcionando ferramentas dixitais intuitivas, fáciles de usar e atractivas.
PERFIL/POSTO REQUERIDO
SDR – Desenvolvemento / Expansión Comercial
FORMACIÓN REQUERIDA
Título de grao en Turismo, Tecnoloxía, Xeografía, ADE, Económicas ou un campo relacionado.
Imprescindible dominio do Inglés.
FUNCIÓNS DO POSTO
Estamos a procura dunha persoa con paixón polo sector turístico e tecnolóxico. Serás responsable de:
- Identificar e contactar con clientes potenciais dentro da industria de viaxes e turismo, amosando o valor das solucións de mapas interactivos de Boldest.
- Programar citas e realizar seguimentos proactivos sobre leads, asegurando unha progresión fluída ao longo do ciclo de vendas.
- Colaborar estreitamente co equipo de vendas para desenvolver estratexias e acadar obxectivos de vendas colectivos.
- Aproveitar o software de Xestión de Relacións con Clientes (CRM) para xestionar eficazmente leads e actividades de vendas, cun enfoque na personalización para o cliente.
- Participar activamente en eventos, conferencias e feiras comerciais relevantes da industria de viaxes para construír relacións e xerar leads.
- Imprescindible dominio do Inglés; outros idiomas se valorarán positivamente.