NOME COMERCIAL
COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)
ACTIVIDADE DA EMPRESA
COGAMI é unha organización non lucrativa de Galicia, España, cuxo principal obxectivo é promover a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade. A súa actividade empresarial céntrase en varias áreas, principalmente na creación de emprego, a formación e a prestación de servizos, sempre enfocados en mellorar a calidade de vida deste colectivo.
PERFIL/POSTO REQUERIDO
PERSOAL DE PSICOLOXÍA. Persoas con vocación pola atención ás persoas.
Dada a misión da Organización priorizamos o emprego das persoas con certificado de discapacidade
FORMACIÓN REQUERIDA
- Grado ou Diplomatura en Psicología
- Master en Atención Temperá
FUNCIÓNS DO POSTO
Realizar valoracións e diagnósticos do desenvolvemento emocional e cognitivo.
Desenvolver e implementar plans de intervención individualizados.
Planificar e levar a cabo actividades terapéuticas.
Ofrecer apoio e orientación ás familias.
Colaborar cun equipo multidisciplinar.