NOME COMERCIAL
Norvento Enerxía
ACTIVIDADE DA EMPRESA
Enerxías Renovables
PERFIL/POSTO REQUERIDO
Operario de mantemento eólico
FORMACIÓN REQUERIDA
- Formación Profesional Superior en Proxectos de Edificación, Obra Civil.
- Desenvolvemento de instalacións térmicas e de fluídos ou similares.
FUNCIÓNS DO POSTO
Norvento busca operarios para realizar tarefas de mantemento de aeroxeradores nas distintas instalacións renovables de Norvento, así como en diferentes instalacións de clientes.
Principais responsabilidades:
- Apoio técnico e desenvolvemento de funcións de mantemento preventivo, preditivo e correctivo dos aeroxeradores.
- Métodos de traballo do procedemento para o mantemento da máquina.
- Propoñer e implantar, con apoio de Calidade, melloras nas instrucións de montaxe e mantemento da máquina.
- Elaborar informes de evolución das máquinas e participar na elaboración de plans dea cción xunto coa enxeñería
Ofrécese :
- Incorporación a un equipo dinámico e altamente cualificado.
- Ambiente de traballo multidisciplinar, traballando nun ambiente óptimo para a formación e desenvolvemento profesional no sector eólico.
- Contrato estable.
Requisitos:
- Ciclo Superior ou FPII de rama técnica (eléctrica, electrónica…).
- Experiencia mínima de 3 anos en tarefas de montaxe e mantemento de aeroxeradores.
- Alta capacidade de resolución de problemas técnicos.
- Xestión de ferramentas informáticas a nivel de usuario.