NOME COMERCIAL
ABANCA
ACTIVIDADE DA EMPRESA
Actividade bancaria
PERFIL/POSTO REQUERIDO
Xerente Operativo da Oficina Bancaria
FORMACIÓN REQUERIDA
Ciclo Superior de Administración e Finanzas
FUNCIÓNS DO POSTO
¿Que che ofrecemos?
- Contrato laboral con horario laboral de luns a venres de 8:00 a 14:30 horas, e dúas tardes á semana de 16:30 a 19:00 horas. Realizarás as seguintes funcións:
- Atención ao público
- Realización de todas as actividades de xestión técnica operativa.
- Colaboración nas tarefas de dixitalización de clientes a canles alternativas e/ou autoservizo
- Contabilidade de calquera operación típica da actividade financeira
- Actualización da información persoal e de contacto dos clientes atendidos
- Garantir a experiencia ABANCA aos clientes atendidos, mediante a aplicación dos protocolos comerciais.
- Traballará nas nosas oficinas na súa contorna xeográfica ou local
¿Que perfil incorporamos?
- É necesario ter realizado un Ciclo Formativo de Grao Medio e/ou Superior na ramade Administración e/ou Comercio nos últimos 3 anos
- Carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.
Cal será o lugar de traballo?
- Contamos cunha ampla rede de oficinas na provincia, a nosa oferta está especificada na rexión na que vives, queremos que traballes na contorna na que resides.