NOME COMERCIAL
CAMPOMAYOR
ACTIVIDADE DA EMPRESA
Empresa do sector avícola, produtora de ovos e derivados do ovo.
PERFIL/POSTO REQUERIDO
Técnico/a RRHH
FORMACIÓN REQUERIDA
- Titulación Universitaria en Relacións Laborais e/o Recursos Humanos.
- Valorable especialización, posgraduado ou máster no ámbito da xestión de persoas.
- Experiencia transversal en RRHH mínima de 5 anos.
FUNCIÓNS DO POSTO
Interésache o mundo de RRHH e relacións laborais en contornas industriais?
Tes experiencia en xestión administrativa de persoal, pero gustaríache levar máis lonxe a túa visión da xestión de persoas?
Este é o teu proxecto!
Se es a persoa seleccionada abarcarás todos os procesos da área segundo necesidades e realizarás as seguintes funcións:
- Execución e control de actividades inherentes á administración de persoas; verificación de nóminas, xestión de dietas, control de presenza, absentismo, vacacións, horarios e quendas.
- Planificar e coordinar os recursos humanos necesarios para garantir as operacións en todo momento; xestión de ETTs, xestión de estudantes en práctica e bolseiros.
- Coordinar e executar os procesos de recrutamento, selección e onboarding das persoas.
- Elaborar, planificar, coordinar e executar o plan de formación.
- Liderar o proxecto de benestar da empresa: Sorriso.
- Definir e executar o plan de comunicacións da empresa aos empregados.
- Coordinar actividades con empresas externas e provedores da área.
- Xestión da Prevención de Riscos Laborais. Entrega e control de EPIs.
- Atención personalizada aos empregados e resolución de consultas.
- Elaboración e seguimento ao Cadro de Mando e reporting da área.
- Xestión do Plan de Igualdade, canle de denuncias e protección de datos.
- Mantemento de bases de datos e arquivo de persoal.
- Xestión actualizada do portal do empregado.
Xunto ao resto do equipo de persoas, participarás en proxectos de deseño e implementación de novas políticas de Recursos Humanos e colaborarás no deseño e implantación de accións para o desenvolvemento dos empregados (Xestión do talento, Avaliación do desempeño, Formación, Desenvolvemento, Xestión do benestar, Deseño organizacional)