NOME COMERCIAL
Norvento Enerxía
ACTIVIDADE DA EMPRESA
PERFIL/POSTO REQUERIDO
Enxeñeiros/as de Talento Junior
FORMACIÓN REQUERIDA
Grao en Enxeñería
FUNCIÓNS DO POSTO
Desde o equipo de Persoas de Norvento buscamos estudantes ou recentemente titulados/as en Enxeñería (Industrial, Mecánica, Eléctrica, Enerxía, Camiños…) para incorporarse ao noso programa de Talento Junior.
Ofrecemos:
- Incorporación a un equipo multidisciplinar e dinámico no que poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os estudos.
- Excelente e profesional ambiente laboral.
- Incorporación a unha empresa innovadora e en crecemento dentro da área das Enerxías Renovables.
- Posibilidade real de incorporación ao programa de Talento Junior de Norvento.
- Centro de traballo. Edificio Cinema, situado en Lugo.
Requisitos
- Estudante de último curso de Grao ou #Máster en Enxeñería Industrial, Eléctrica ou Electrónica, Enerxía, Camiños…
- Valorarase nivel alto de inglés.
- Manexo a nivel usuario de Office 365, e valorarase dominio de programas específicos da súa formación.
- Coñecemento e interese polas Enerxías renovables.